Presentación “En las orillas del Sar”
Día: 4 de xullo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión PORTOCELO coincidindo co
mes no que se cumpre o 134 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro organiza
un acto de presentación con charla coloquio da 'nova edición crítica' da obra
rosaliana 'En las orillas del Sar'.
No acto que será presentado polo
presidente do foro, Angel G. Carragal, intervirá o presidente da Fundación
Rosalía de Castro e experto rosaliano Anxo Angueira, baixo a premisa de que
"o acto pretende dar a coñecer a reedición da obra de Rosalía silenciada
cando saíu en 1909".
O ponente estará acompañado da marinense
Ana Acuña, doutorada en Filoloxía Galega pola USC quen tamén achegará ao acto os
seus coñecementos sobre o tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario