16 ene 2013

Charla informativa: Parque eólico do Morrazo, as razóns do non á súa instalación

Acto: Charla informativa sobre o parque eólico do Morrazo
Día: 22 de xaneiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

O próximo martes 22 de xaneiro a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza unha charla sobre o parque eólico previsto no Morrazo, denominado Pedras Negras, pola multinacional italiana Enel Green España SL.

Participarán Damián Copena da Facultade de CC Económicas da Universidade de Vigo, especialista no estudo das consecuencias dos parque eólicos en Galiza. 

Tamén intervirá Juan Fernández, arquitecto de Moaña que está estudando o proxecto técnico e de impacto ambiental presentado pola empresa e que está actualmente en exposición pública.

O acto desenvolverase na biblioteca pública de Marín ás 20h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario