16 ene 2013

Conferencia: Crise económica e crise política con Emilio Pérez Touriño

Acto: Conferencia "crise económica e crise política" con Emilio Pérez Touriño
Día: 24 de xaneiro
Hora: 20 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo


O vindeiro día 24, xoves, o Club de Opinión PORTOCELO, que se atopa na celebración do seu 25 aniversario, abre un ciclo de conferencias e debates para o primeiro trimestre do ano con unha conferencia sobre ‘Crise económica e crise da política’ que estará a cargo do ex presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño que fará un repaso a situación que está vivir o país neste momentos. O acto será presentado polo periodista pontevedrés Xabier Fortes ex presentador do programa televesivo ‘24 Horas’ e nestes momentos candidato a formar parte do Consello de Informativos da TVE. Actualmente é redactor de informativos do centro de informativos da TVE en Galicia.
O final da conferencia todas aquelas persoas que o desexen poderán confraternizar co conferenciante nun aperitivo-cea que terá lugar na Tapería ‘La Huerta de la Abuela’.

2 comentarios:

  1. Lustroso acto organizado polo Clube de Opinión Portocelo. Cordial, ilustrativo e amigable tanto o conferecanciante como o presentador. Parabens a Angel G. Carregal: dounos un exemplo de como podense facer maravillas con limitados recursos e tremenda vontade.
    Desesxamo, Angel, que perseveres polo noso ben o polo ben da nosa comunidade.

    ResponderEliminar