28 ene. 2013

Proxección do documental "Entre Linguas"

Acto: Proxección do documental "Entre linguas"
Día: 1 de febreiro
Hora: 20:30 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín


Este venres 1 de febreiro, e dentro das "III Xornadas Ser Lingua non é fácil", a Asociación Queremos Galego Marín organiza a proxección do documental "Entre Linguas".
O acto terá lugar ás 20h30 na Biblioteca Municipal de Marín. Ao finalizar haberá un pequeno coloquio no que intervirán Eduardo Maragoto, Vanessa Vila-Verde e João Aveledo, directorxs do documental. 
Sinopse.
O caso do "galego de Cáceres" tornouse coñecido na Galiza hai case dúas décadas. Porén, ao longo da fronteira con Portugal, desde a provincia de Zamora até Badajoz, existen catro territorios que, por diferentes vicisitudes históricas, posuen actualmente soberanía española e conservan uns dialectos moi semellantes ao galego.
Ao final, que é o galego? Será que a lingua portuguesa, en contacto co castellano sobreposto através dos séculos, pode dar orixe a outros galegos? No transcurso deste documental, os veciños e veciñas destas case sempre pequenas vilas, contannos como viven a súa máis forte peculariedade e conversan sobre os motivos para continuaren a falar como aínda falan e cantan, ou todo o contrario"

No hay comentarios:

Publicar un comentario