24 feb 2013

Conferencia "Polo galego no Bierzo, como Sarmiento"

Acto: conferencia "Polo galego no Bierzo, como Sarmiento"
Día: 1 de marzo
Hora: 20:30 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín

As III Xornadas Ser Lingua non é fácil organizadas pola Asociación Queremos Galego Marín, e que comezaron este ano coa proxección do documental “Entre linguas”, continúan nesta ocasión cunha conferencia sobre a situación do galego na comarca do Bierzo.
O bierzo é unha das comarcas ou territorios situados fóra dos límites xeográficos da Comunidade Autónoma Galega onde se fala galego e que xunto cos territorios do Eu-Navia, o Vale de Ibias, a Cabreira e a Seabra forman parte do que se coñece como a Galiza irredenta.
Baixo o suxerente título “Polo galego no Bierzo, como Sarmiento. Un ben común de galeg@s e bercian@s” o membro correspondente polo Bierzo da RAG, Héctor M. Silveiro, demostrará, tal como fixera Sarmiento, que o galego é un ben común de galeg@s e bercian@s que sofre os mesmos problemas que o galego na Galiza administrativa, agravados a día de hoxe considerabelmente pola desprotección legal que retrotrae a nosa lingua nese territorio, en moitos aspectos, a unha situación semellante á da do galego perante o Franquismo, coa desvantaxe, cada día máis evidente, do envellecemento dos seus falantes naturais e a incerteza do seu futuro, a pesares de gozar dunha introdución, insuficiente, do galego nas escolas.
A conferencia terá lugar vindeiro venres, día 1 de marzo, na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín a partir das 20:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario