3 mar 2013

Conferencia-debate "Problemas e perspectivas do nacionalismo galego"

Acto: conferencia-debate "Problemas e perspectivas do nacionalismo galego"
Día: 14 de marzo
Hora: 20:00 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Clube de Opinión Portocelo

O nacionalismo galego vive un momento de transición consecuencia da propia desestruturación da fronte patriótica que agrupou dende os anos 80 a moitas familias políticas en torno á idea da construción nacional de Galicia. Na actualidade Galicia vive momentos difíciles para a unidade do nacionalismo polas latentes desavinzas existentes entre as forzas nacionalistas que non acertan co diagnóstico e que máis que achegarse se afastan con posturas tensas e extremas. Por iso, o nacionalismo en Galicia é hoxe un tema controvertido e preocupante e por conseguinte moi importante para a sociedade" (Angel G ª Carragal, promotor do Clube de Opinión PORTOCELO,".
De aí que o Club de Opinión PORTOCELO organizase unha CONFERENCIA-COLOQUIO na que debater os 'PROBLEMAS E PERSPECTIVAS DO NACIONALISMO EN GALICIA' que terá como relator ao Prof. Xusto Beramendi González, especializado 'Na historia dos nacionalismos'.
Xusto Beramendi é catedrático Emérito de Historia Contemporánea da USC e cofundador e presidente do Museo do Pobo Galego. Ademais de membro fundador da Fundación Castelao e autor de diversos libros sobre o nacionalismo en Galicia.
A conferencia terá lugar o 14 de marzo, ás 20.00 na Biblioteca Pública e será presentada polo historiador Francisco Calo, Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos, ensinando actualmente non IES Torrente Ballester de Pontevedra.
Catro serán os tertulianos, moi vinculados ao nacionalismo, os que manterán un coloquio aberto co conferenciante: Mariano Abalo Costa, concellerio de ACE non Concello de Cangas; Bieito Lobeira Dominguez, ex parlamentario nacionalista do BNG; Antón Pousada Pazos, profesor de IES Rodeira de Cangas e Ramón Eixo Blanco, director da Paralaia de Moaña.
A asistencia ao acto é libre. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario