10 mar 2013

Acto: Presentación: "Columnas de papel"
Día: 15 de marzo
Hora: 20:00 horas
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín

A Asociación Queremos Galego Marín organiza, dentro da súa sección “o tiraverbas”, a presentación de “Columnas de papel”, último libro do escritor e articulista Xosé Vázquez Pintor.
Columnas de papel é unha antoloxía dos artigos que o escritor radicado en Cangas subscribiu en diversos medios que agrupa baixo o título de “A lingua e outras vidas” e que viron a luz orixinalmente entre 1987 e 1993, á espera doutro volume que completa este camiño ata a actualidade.
A escrita de Xosé Vázquez Pintor ten no xornalismo un dos seus alicerces. O seu traballo recibiu premios poéticos e novelísticos da dimensión do Torrente Ballester, Esquío, Carvalho Calero entre outros. Un exercicio que no referido á prensa encetou nos anos 70 cando comezou a frecuentar as páxinas de El Ideal Gallego. Numerosos medios, entre os que non faltaron A Nosa Terra, Diario de Ferrol, Faro de Vigo ou La Voz de Galicia, desde entón publican os seus numerosos artigos.
O acto que terá lugar este venres 15 de marzo ás 20h no Museo Municipal Manuel Torres será presentado polo activista sociocultural da nosa Vila Xosé Vilas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario