5 abr 2013

82 Aniversario da República


Acto: 82 Aniversario da República
Día: 12 de abril
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APRMHM
A Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín presenta o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos anos en torno ao 14 de abril co gallo da celebración do "82 Aniversario da República". 
  • O venres 12 de abril ás 20:00 horas terá lugar a conferencia-coloquio "Marín durante a Segunda República" do investigador Celso Milleiro Sánchez no salón de actos de Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín.
  • Domingo 14 de abril ás 13:00 horas, ofrenda floral na Pedra da Liberdade (xardín ao carón do Concello). Intervirá Valentín García Bóveda da Fundación Alexandre Bóveda.
  • Domingo 14 de abril ás 14:30 horas, Xantar Republicano, no restaurante Xan Xián (Carballal, 4 - SAN XULIAN - 36915 Marin). O importe do menú é de 20 euros (reservas ata o venres 12. Información no teléfono 628 255 072 e no enderezo electrónico memoriadmarin@gmail.com).

No hay comentarios:

Publicar un comentario