8 abr 2013

Conferencia: A corrupción sistemática


Acto: Conferencia "A corrupción sistemática"
Día: 17 de abril
Hora: 20H
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo


Como apertura da programación correspondente ao segundo trimestre do ano en que conmemoramos o 25 aniversario da creación do Foro de Debate Marinense, o Club de Opinión ‘Portocelo’organiza un novo debate que nesta ocasión estará adicado á corrupción sistemática. Segundo informa o promotor do club Angel G. Carragal, “se ha elegido este tema por ser uno de los que más preocupa y denuncia la sociedad”.
O acto, que terá lugar na Biblioteca Pública o mércores día 17 de abril, consistirá nunha conferencia que estará a cargo do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela e será presentado e moderado polo periodista radiofónico Eugenio Giráldez, ex xefe dos Servizos Informativos de Radio Pontevedra.
Ao final da conferencia abrirase un debate que será protagonizado polp conferenciante e o presentador a modo de ‘entrevista pública’ e no que tamén poderá intervir o público.
O fiscal superior de Galicia adquiriu certa notoriedade entre a sociedade galega ao hacerse defensor dos afectados polas preferentes presentando unha demanda colectiva considerando no seu momento “no conocer ningún caso de una actuación irregular de estas dimensiones” refiríndose ao polémico caso. Respecto á corrupción Carlos Varela pronunciouse noutros foros manifestando que "está habiendo casos extraordinariamente llamativos y la sociedad civil pide reaccionar frente a la corrupción".

No hay comentarios:

Publicar un comentario