Día: 29 de outubro
Hora: 20:30h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A morte e as crenzas populares que
a rodean tivo, e seguen a ter, un fondo influxo social en Galiza e isto débese
sen dúbida ao fondo arraigamento que na cultura galega posúe o culto ás e aos
devanceiros, o respecto aos e ás mortas e ás fúnebres cerimonias que rodean o
paso á outra vida, como a mortalla, o velorio, o pranto, o pan do defunto e
outras moitas manifestacións que son, ou foron, tradicionais.
Aproveitando a proximidade do día
de santos e defuntos a Asociación Queremos Galego Marín proxectará unha
curtametraxe de Senén Outeiro, “Ínsula”, e un documentario dos directores
Eduardo Maragoto, João Aveledo e Vanessa Vilaverde titulado “Em companhia da
morte” que amosan moitas das tradicións, rituais e figuras que, como a Santa
Compaña, rodean a morte en Galiza.
Para a proxección destas pezas,
que terán lugar este martes 29 de outubro na biblioteca municipal de Marín a
partir das 20:30h, a Asociación Queremos Galego Marín contará coa presenza dos
seus autores.
Malia vivirmos @s galeg@s dun
xeito especial a morte e termos unha lingua propia, o galego, na que foron
transmitidos crenzas populares, rituais arredor da morte, podemos comprobar en
días como o de defuntos, onde moita xente visita os seus mortos e mortas, ou en
calquera pasamento como lamentabelmente existe unha poderosa inercia que leva a
que, de xeito case automático, a lingua galega fique excluída en esquelas,
notas necrolóxicas, epitafios en lápidas, cintas en ramos de flores e coroas,
tarxetas, ritos relixiosos- se os houber- e mesmo na inscrición oficial do
falecemento e expedición de certificados de defunción. Prodúcese deste xeito
unha contradición entre a aldea d@s viv@s e a aldea d@s mort@s, xa que o
galego, idioma oral maioritario na vida, non pode ser excluído ou proscrito no
proceso da morte e na súa lembranza posterior. Non é natural.
Baixo o lema “Co galego até a
morte” queremos reivindicar o dereito d@s galeg@s, se así o quixeren, a morrer
en galego polo que demandamos das empresas e medios directamente vencellados co
proceso da morte: tanatorios, funerarias, medios de comunicación (radio, prensa,…),
floristerías, tendas (motivos relixiosos, lápidas) a aplicación do principio de
“oferta positiva”, isto é, a realización en galego, de oficio, en todas as súas
actuacións, a non ser, loxicamente, que exista vontade individual d@ cliente en
sentido contrario, obviamente respectábel.
A
plena normalización da nosa lingua precisa da implicación non só dos poderes
públicos senón tamén d@s particulares, son os cidadáns e cidadas quen
teñen que asumir responsabelmente a vontade de galeguizar as súas propias
relacións, promovendo un cambio de actitudes lingüísticas na sociedade. Por
iso, desde a Asociación Queremos Galego Marín animamos a cidadanía para que
incorpore a lingua galega nos testamentos, incluíndo ademais unha cláusula
dirixida aos/ás legatari@s para que protexan e fomenten no futuro o noso
idioma.
نقل عفش بالدمام
ResponderEliminarتنظيف كنب بالدمام
تنظيف واجهات المنزل
تنظيف مكيفات الهواء بالدمام