18 oct 2013

Debate "Análise do sistema electoral español"

Acto: Debate "Análise do sistema electoral español"
Día: 25 de outubro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Segundo os expertos o sistema electoral empregado en España podería mellorarse, porque sen dúbida os beneficiados son os partidos maioritarios e os prexudicados, os pequenos. Mesmo entenden que o método actual foi o elixido no seu momento para garantir gobernos fortes na aínda nova democracia española, pero agora non é o axeitado e admiten que o sistema electoral español, maioritario e con listas pechadas e bloqueadas, pon en mans da maquinaria dos partidos políticos o control das institucións e fomenta a corrupción.
Precisamente e ante o descoñecemento social existente en materia electoral, xa que moitos cidadáns non coñecen como funcionan realmente os citados sistemas electorais, e por considerar que é un tema de candente actualidade, o Club de Opinión PORTOCELO convoca unha CONFERENCIA-COLOQUIO sobre ' Os sistemas electorais en España' que terá lugar o venres, 25, na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de Marín a partir das 20.00 horas e cuxa entrada é libre. A conferencia estará a Cargo de Pablo Gregorio Taboada, Licenciado en Ciencias Políticas e Administración pola USC. Conta cun Máster en Historia Contemporánea e é autor do libro que dá titulo á conferencia no que analiza todos os sistemas electorais hoxe en día en vigor en todos os ámbitos territoriais.
Temario:
Sistemas electorais de aplicación en Galicia. Altenativas aos sistemas electorais vixentes.
Ademais debatiranse as liñas básicas da proposta de PP de modifica-lo sistema electoral e as consecuencias que poden producir os cambios nas eleccións autonómicas.
Tertulianos
O debate que segue á conferencia, será entre os asistentes mediante interación directa do público e rolda de intervencións. Estará moderado polo xornalista Alfonso González Redondo, licenciado en Historia e diplomado en Ciencias da Educación e membro do Colexio de xornalistas de Galicia. Traballou en informativos da cadea Ser en Pontevedra entre 1987 e 1993, na cadea COPE e en Onda Cero Pontevedra. Durante a súa traxectoria profesional, participou en programas de radio de ámbito nacional, e colaborou con La Voz de Galicia, así como outros medios de comunicación como Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego ou a Axencia EFE. No ano 1990, foi galardoado co premio Galicia de Xornalismo, que outorga a Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario