10 nov 2013

Conferencia "Violencia de xénero, unha realidade social"

Acto: Conferencia "Violencia de xénero, unha realidade social"
Día: 21 de novembro
Hora: 19:30h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
Con motivo do ‘Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero’, que se conmemora o próximo 25 de novembro, o Club de Opinión ‘PORTOCELO’ organiza unha conferencia que versará sobre “Violencia de xénero, unha realidade social’ cuxas ponentes serán a avogada Isabel Martínez Cochón e Beatriz Piñeiro Lago, presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade, que terá lugar o xoves, día 21 ás 19,30 h. na Biblioteca Pública, e na que tamén intervirá a directora do Centro de Información á Muller de Marín (CIM), Marián Sánchez Sanjorge. 
Segundo o presidente do club, Angel García Carragal, o obxectivo da conferencia á, ademais de unirse a tan simbólica reivindicación de acabar contra a lacra social da violencia contra as mulleres, “analizar e desvelar as razóns que explican a resistencia social a admitir unha realidade tan alamante que parece estar condenada a permanecer na sociedade dos nosos días”.
A conferencia conta coa colaboración do Colexio de Avogados de Pontevedra e do Concello de Marín a través da concellaría de Benestar Social.
A entrada é libre a toda persoa que desexee asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario