Acto: Curso de maquillaxe infantil
Día: 30 de novembro
Hora: 16:30
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Día: 30 de novembro
Hora: 16:30
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este sábado, 30 de novembro, o Ateneo Santa
Cecilia impartirá un curso de maquillaxe infantil enfocado a Monitores de Ocio
e Tempo Libre, Monitores de Actividades Extraescolares e Público en xeral.
O
curso de iniciación á maquillaxe celebrarase en horario de tarde, de 16:30 a
19:30 horas, na sede do Ateneo Santa Cecilia (Rúa Caracol, 36 – Soto), con
prazas limitadas.
O
temario do curso contén:
-
Nocións básicas de maquillaxe infantil: materiais que se utilizan, tipos de
maquillaxe, de pincel e esponxa.
-
Técnicas con pincel e esponxa.
-
Maquillaxe de princesa, bolboreta, animais, etc.
Ás
persoas inscritas entregaraselles un dossier con nocións de maquillaxe e un
diploma acreditativo de asistencia ao curso.
Para solicitar información e
facer a inscrición, pódense poñer en contacto coa secretaría do Ateneo Santa
Cecilia, de 10:00 a 13:00, e de 18:00 a 20:00 horas, ou ben chamar ao teléfono
986 88 02 83.
No hay comentarios:
Publicar un comentario