28 feb 2014

Charla-coloquio "A Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local"

Acto: charla-coloquio "A Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local"
Día: 12 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O club de opinión PORTOCELO organiza unha charla-coloquio sobre a nova lei de reforma de Administración Local (Lei Racionalización e Sostibilidade da Administración Local) en vigor desde o pasado mes de xaneiro na que intervirá o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) Xosé M. Rey Vila, licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e actualmente alcalde da cidade de Ferrol que será presentado pola alcaldesa de Marín, María Ramallo Vázquez, tamén intervirá no coloquio.
O poñente desenvolverá a nova lei que vén modificar as anteriores Bases de Réxime Local poñendo sobre a mesa do debate, que se celebará na Biblioteca Municipal as 20.00 horas, temas como as competencias das Corporacións Locais, os soldos dos alcades e concelleiros, as dedicacións exclusivas; os funcionarios municipais, as Deputacións, etc.  A entrada é libre e o público poderá participar no coloquio que seguirá a exposición do poñente

No hay comentarios:

Publicar un comentario