24 feb 2014

Xuntanza do Club de lectura do Abeiro. "El librero de Kabul"

Acto: Club de lectura "El librero de Kabul"
Día: 28 de febreiro
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra este venres, 28 de febreiro, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "El librero de Kabul" do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
"El libreo de Kabul" é unha novel escrita pola autora noruega Ásne Seierstad en 2012. O libro describe a vida dun libreiro que vive en Kabul e como vai mudando a súa vida ao longo das diferentes épocas que vive a capital afgá: a época de Zahir Shad, a intervención soviética, o réxime talibán e a ocupación tras a guerra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario