13 mar 2014

Presentación "Sete caveiras"

Acto: Presentación "Sete caveiras"
Día: 20 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo

Organizada polo Club de Opinión PORTOCELO, o Museo M. Torres acolle o próximo día 20, xoves, ás 20 horas, unha charla-presentación sobre o libro 'Sete Caveiras da xornalista marinense de residencia Elena Gallego Abad, iniciada como autora coa novela Dragal coa que adquiriu unha importante relevancia no mundo da literatura galega. No acto de presentación intervirán tamén a escritora e poeta buenense Asun Estévez Estévez e o editor Manuel Bragado.
Sete Caveiras é, segundo explica a organización, "a primeira novela galega publicada en galego situada nos anos do século pasado, onde a protagonista é unha muller. Reivindicación do periodismo, en tempos en que este oficio está polos chans e certa chusma empresarial non puido maltratalo máis. É o logro dunha estupenda narradora que vive en Marín."

No hay comentarios:

Publicar un comentario