18 feb 2014

Conferencia "Entroido, unha festa cristiá e europea"

Acto: Conferencia "Entroido, unha festa cristiá e europea"
Día: 28 de febreiro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O club de opinión PORTOCELO coa colaboración da Concellería de Cultura abrirá o venres día 28 a programación do Entroido de Marín 2014 cunha conferencia sobre 'Entroido, unha festa cristiá e europea', que terá lugar na Biblioteca Pública de Marín as 20.00 horas, a cargo do conferenciante, antropólogo e catedrático de Xeografía e Historia, Francisco Calo. Antes da conferencia intervirá a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, cunhas breves palabras de salutación aos asistentes e a continuación farao o cronista local, Julio Santos Pena, coa súa semblanza 'Marinenses recrreadores do entroido de Marín de principios do século XX'. A entrada é libre

No hay comentarios:

Publicar un comentario