19 mar 2014

Club de lectura do Abeiro. "Xente de aquí e acolá"

Acto: Club de lectura "Xente de aquí e acolá"
Día: 21 de marzo
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra este venres, 21 de marzo, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "Xente de aquí e acolá" do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a que participen no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Xente de aquí ou acolá é un conxunto de retratos que compoñen unha visión das nosas xentes e dun tempo. O retrato foi un dos xéneros que Cunqueiro cultivou con máis acerto.
Personaxes con vida propia coma o picapreitos Somoza de leiva, que tiña un can que só lle ladraba á parte contraria, ou Leiras de Parada, que adormecía os capóns léndolles artigos de prensa. Xente nosa, verdadeira, recreada con maxistral dominio da arte literaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario