19 mar 2014

Roteiro "Fragas do río Lameira"

Acto: Roteiro "Fragas do río Lameira"
Día: 29 de marzo
Hora: 10:30
Lugar: Alameda Rosalía de Castro de Marín
Organiza: Almuinha
O sábado 29 de marzo a asociación cultural Almuinha organiza un roteiro polas fragas do río Lameira que sairá ás 10:30 da Alameda Rosalía de Castro de Marín. Será simplesmente un paseo desde o mar até a dorsal dos Montes do Morrazo (na Lagoa de Castiñeiras).
Buscando sempre estar o máis preto do regato que baixa con moita caída desde a lagoa de Castiñeiras. É un camiño sorprendente, por estar tan preto de nós, mais ao mesmo tempo semella agochado e perdido de todas e todos. Ten algo de bosque encantado e nalgún momento non se sabe onde se está. Cremos que nos levaremos unha boa sorpresa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario