7 abr 2014

Encontro de mulleres "Voilà la femme"

Acto: Encontro de mulleres "Voilà la femme"
Día: 10 abril
Hora: 20:30
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia organiza este xoves 10 de abril no seu local a partir das 20:30 unha mesa redonda, que reúne varias MULLERES (relacionadas dalgún modo co mundo da arte) ao redor dun café. Neste encontro, ao que pode asistir quen o desexar, falarase da exposición “Voilà la femme”, que cumpre 21 anos, e sobre os seguintes temas:
  1. A muller sempre foi creativa e creadora pero a súa actividade limitábase ao ámbito do cotián. Cando transcende publicamente o traballo artístico das mulleres? Cal é na actualidade a participación real da muller nos espazos artísticos?
  2. Muller: de modelo a creadora. Achegas da muller ao mundo da arte.
  3. Trinomio: arte-muller-discapacidade. “Arteterapia”, artistas mulleres con discapacidade: colectivo Creative Growth, Asociación Juan XXIII, Centro Méndez Núñez, etc.

As mulleres convidadas nesta ocasión para falar neste encontró son:
  • Ángela Paz García: Directora da Asociación de Tiempo Libre Paspallás, animadora sociocultural (eventos como O Salón do Libro) e artista autodidáctica.
  • Celeste Garrido Meira: Artista, profesora de secundaria e comisaria de Voilà a femme entre 1998 e 2013.
  • Mª Emilia Barreiro Augusto: Artista, mestra e profesora de secundaria, monitora de lecer e tempo libre, técnica en psicomotricidade e comisaria de Voilà a femme 2014.
  • María Tobío Dónega: Directora de Tempo Libre, membro do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra, colaboradora da Escola de Tempo Libre Rías Baixas e a Asociación de discapacitados psíquicos “Virgen de la O”.
  • Miriam Viñas Cochón: Secretaria da Rede Provincial Pontevedra pola igualdade, forma parte dunha asociación feminista e traballa no Departamento de Xuventude de Pontevedra coordinando varias actividades (como Noites Abertas).

No hay comentarios:

Publicar un comentario