8 abr 2014

Conmemoración da proclamación da II República

Acto: Conmemoración da proclamación da II República
Día: 11 de abril
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: APRMHM
Con motivo da conmemoración do 83 aniversario da proclamación da II República, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín organiza diversas actividades que comezarán este venres, 11 de abril, cunha conferencia sobre os mestres represaliados en Marín que presentará Celso Milleiro e impartirá o investigador Xosé Manuel Moreira Docampo. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal Vidal Pazos ás 20h.
O domingo, 13 de abril, a partir das 13h o monumento da Cruz da Maceira será escenario, este ano, do acto central do programa de actividades conmemorativas da proclamación da II República e de lembranza e recoñecemento das persoas que sufriron a represión franquista no noso concello, no que intervirán representantes das diversas asociacións da memoria histórica da comarca. A continuación compartiremos un xantar, nun restaurante da localidade. Todas as persoas que desexen participar no mesmo, deberán anotarse no correo memoriadmarin@gmail.com ou no teléfono 628 255 072 (o prezo máximo será de 20 euros e o lugar confirmarase unha vez concretado o  número final de comensais).
O luns 14, no xardín a carón do edificio do Concello, farase a tradicional ofrenda floral ante a Pedra da Liberdade, como recordatorio da proclamación da República en Marín.
o venres 25, proxectarase o documental “A pegada dos avós”, un proxecto do documentalista Xosé Abad e que ten como coprotagonistas a un grupo de alumnas e alumnos do instituto Adormideras da Coruña; as rapazas e rapaces buscan respostas entrevistando a persoas que viviron e sufriron as terribles consecuencias do alzamento franquista, para intentar comprender o drama da guerra civil española e a ditadura; falan, ademais, con persoas expertas neste tema como, o escritor Manuel Rivas  e o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) Fernando Souto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario