21 jul. 2014

XVII Romaría Popular "Trompos ós pés"

Acto: XVII Romaría Popular "Trompos ós pés"
Día: 25 de xullo
Hora: 10:30h
Lugar: Alameda Rosalía de Castro
Organiza: Trompos ós pés
O venres 25 de xullo terá lugar a XVII edición da Romaría Popular Trompos ós pés organizada polo grupo e asociación cultural de Marín.  A partir das 10.30 horas as e os asistentes poderán visitar os postos de produtos e artesanía típicos na alameda Rosalía de Castro onde se irán desenvolvendo ao longo de todo o día numerosas actividades. O feche da romaría porao o grupo folk Ardentía a partir das 21h.
Programa completo:
10.30h Apertura dos postos de artesanía.
12.00h Actuación do Grupo Folclórico e Escola da Agrupación Folclórica Trompos ós Pés.
18.00h Xogos tradicionais.
20.00h Sorteo de Agasallos doados polos artesáns e expositores.
21.00h Actuación do Grupo folk "Ardentía".
22.30h Queimada de balde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario