18 oct. 2014

Acto de Memoria, Xustiza e Dignidade

Acto: Memoria, Xustiza e Dignidade
Día: 26 de outubro
Hora: 12h
Lugar: Cruz da Maceira

Organiza: Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín
A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organiza o domingo 26 de outubro un Acto de Memoria, Xustiza e Dignidade, logo dos atentados perpetrados contra o monumento situado no lugar de A Cruz da Maceira.
O acto desenvolverase do seguinte xeito:
12:00 h.: ofrenda floral diante do monumento de A Cruz da Maceira.
12:30 h.: acto poético-musical no Recinto Multiusos da Praza de Abastos, coa seguinte orde:
  • Benvida e recibimento por parte de Enriqueta Otero, presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín.
  • Lectura do manifesto a cargo da profesora Ana Acuña.
  • Recital poético – musical, no que intervirán persoas do ámbito social, artístico e musical de Marín e comarca e do resto do país: Alba Méndez, Ana Acuña, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, David Iglesias, Felipe Rea, Laura Romero, Lucia Novas, Mardeafora, Mini e Mero, Pepe Cáccamo, Samu Acuña,Marina Quintillán e Lía.
  • Peche do acto a cargo de Pepe Álvarez, en representación das asociacións pola recuperación da memoria histórica.


No hay comentarios:

Publicar un comentario