18 oct 2014

Entrega de Premios Facendo Historia

Acto: Entrega de Premios Facendo Historia
Día:  26 de outubro
Hora: 12:30 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Xornadas Reencontro coa Historia de Marín
A agrupación ‘XornadasReencontro coa historia de Marín’ concederá este ano, o día 26, os seus Premios ‘Facendo Historia’ ao conxunto de deportistas olímpicos marinenses e ao Coro de Cámara Thalassa, coincidindo co vixésimo aniversario da fundación deste último.
Os deportistas aos que se dedicará o recoñecemento serán os irmáns Elisardo e Carlos de la Torre, atletas; el piragüista José Manuel Crespo; o paraolímpico José Manuel Abal e o histórico futbolista do Real Madrid Agustín Rodríguez Santiago.
Segundo a organización dos premios esta é unha iniciativa que vai máis aló de rememorar feitos e aconteceres do noso pasado histórico. A agrupación naceu co obxectivo de recoñecer persoas e entidades que, por unha banda, veñen facendo historia promocionando e difundindo o nome de Marín, dentro e fóra da nosa xeografía, e, por outra, premias as persoas que, coa súa traxectoria persoal, profesional, intelectual, cultural ou deportiva e mesmo política, se compromenten e implican no desenvolvemento social, económico e cultural da nosa vila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario