8 oct. 2014

III Aberto de billarda da Festa da Mazá

Acto: III Aberto de billarda da Festa da Mazá
Día: 12 de outubro
Hora: 16:30h
Lugar: Campo da festa de Santo Tomé
Organiza: Asociación Cultural Deportiva O Gharaboto
O domingo 12 de outubro ás 16:30h a Asociación Cultural Deportiva O Gharaboto organiza o III aberto de billarda da festa da mazá de Santo Tomé no campo da festa desta parroquia marinense.
A inscrición do aberto de billarda é gratuíta e aberta para todas as persoas interesadas en participar, podendo facelo ata a propia hora do comezo do aberto. No caso de chuva o aberto celebrarase no pavillón do instituto Illa de Tambo en Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario