20 nov 2014

Gala LXII Aniversario do Ateneo Santa Cecilia

Acto: Gala Ateneo Santa Cecilia
Día: 23 de novembro
Hora: 19h
Lugar: Multiusos da Praza de Abastos
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Sesenta e dous anos cumpre o Ateneo Santa Cecilia Club Unesco Marín, dende que un grupo de marinenses sensibilizados por a promoción da música, das belas artes e conservación do patrimonio local, decidira un 22 de novembro de 1952, sentalas bases da Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia, hoxe Ateneo.
Dende entón e traballando de forma continuada, salvando situacións complexas preto de 20 directivas co seus presidentes á fronte, conseguimos chegar ao día de hoxe e contribuír ao desenvolvemento socio cultural da nosa Vila. A música, a pintura, a recuperación de tradicións como o Enterro da Sardiña, os Maios e Embarcacións, o Baile do Farolillo, a Danza de Espadas foron actividades que se recuperaron para identidade de Marín. Os concursos de narracións curtas, as postais do Nadal, Boilá la Femme son actividades de creación artística e literaria que se manteñen ano, tras ano, coas conferencias e exposicións. As escolas de Musica e Pintura, coa Banda tiran con forza da nosa entidade. 
Dende o Ateneo Santa Cecilia, temos que agradecer o apoio incondicional de institucións como O Concello de Marín, A Escola Naval Militar, Distrito Marítimo de Marín, a colaboración de Asociacións, Escolas, Institutos que, dan valor ao traballo que vimos realizando ano tras ano.
Pretendemos continuar traballando un ano máis para que o noso concello creza no entendemento dunha cultura de paz, onde os valores humanos estean presentes nas nosas relacións e aprendamos a cooperar no ben común.
Para celebrar este 62 aniversario programamos unha gala o domingo 23 de novembro ás 19h no Multiusos da Praza de Abastos de Marín na que se entregarán as distincións aos socios de honra e na que ademais haberá actuacións da Coral Lembranzas, a banda de música e a presentación da banda infantil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario