18 nov 2014

Concerto de Xosé Constenla

Acto: Concerto de Xosé Constenla
Día: 22 de novembro
Hora: 20,30h
Lugar: Multiusos da Praza de Abastos
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín

A Asociación Queremos Galego Marín organiza o sábado 22 de novembro un concerto do cantautor compostelán Xosé Constenla.

Este concerto está incluído dentro da xira que está a levar a Xosé Constenla por distintas vilas do país este outono.
Como cantautor, Xosé Constenla, ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio -2005- Olladas dun entusiasta -2008- e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo -2013-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.
Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario