12 nov 2014

Presentación "Al infierno se llega deprisa"

Acto:Presentación "Al infierno se llega deprisa"
Día: 20 de novembro
Hora: 20h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión Portocelo presentará o xoves 20 de novembro ás 20h o novo libro do xuíz José A. Vázquez Taín "Al infierno se llega deprisa".
O maxistrado José Antonio Vázquez Taín é coñecido por ser o azote dos clans galego do narcotráfico e por estar á fronte dos casos xudiciais de maior transcendencia social dos últimos anos en Galicia, como foi o asasinato da meniña Asunta Basterra e o roubo do Códice Calixtino.
Tras pechar a instrución do caso de asasinato da meniña compostelana presentará en Marín o que é o seu segundo "Al infierno se llega deprisa", unha novela negra sobre a desaparición dunha nena e o descuartizamento dos seus pais.
Despois da presentación haberá un coloquio moderado polo promotor do Club de Opinión Portocelo, Ángel G. Carraga, no que tres periodistas pontevedreses: Eugenio Giráldez (tertuliano da TVG), Alfonso González (tertuliano de Radio Pontevedra) e Juan de Sola de Onda Cero Pontevedra abordarán unha serie de preguntas sobre as últimas actuacións xudiciais do maxistrado e outras da actualidade.
O acto de presentación e posterior coloquio terán lugar na Biblioteca Municipal de Marín o xoves día 20 de novembro ás 20h. A entrada será libre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario