12 nov. 2014

Foro aberto de debate "Centro de saúde"

Acto: Foro aberto de debate "Centro de saúde"
Día: 19 de novembro
Hora: 20horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns
O Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns de Marín organiza o mércores 19 de novembro o segundo dos seus debates dentro do seu "Foro Aberto de Debate" que comezaron o mes de outubro.
Desta volta o tema a debater é o futuro centro de saúde de Marín a as características e tipo de xestión que este debera ter.
Para debater sobre este tema o Movemento contará coa presenza de Manuel Martín, médico de atención primaria no centro de saúde de Seixo e portavoz de SOS Sanidade Pública, e Luisa Lores, médica radióloga do CHOP e tamén membro de SOS Sanidade Pública.
O debate terá lugar o mércores 19 de novembro a partir das 20h na biblioteca de Marín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario