21 ene 2015

Homenaxe a Concepción Arenal

Acto: Homenaxe a Concepción Arenal
Día: 29 de xaneiro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O próximo día 31 do mes en curso cúmprese o 195 aniversario de Concepción Arenal (Ferrol, 1820-Vigo, 1893) motivo polo cal o Club de Opinión PORTOCELO organiza un programa conmemorativo en homenaxe á insigne escritora e feminista consistente nunha charla que estará a cargo de dúas mulleres moi comprometidas coa súa vida e obra: Encarna Outeiro Cepeda, membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e Celia Pereira Porto, biógrafa e autora de interesantes estudos sobre a escritora.

O acto contará ademais coa intervención da actriz marinense da TVG, e colaboradora deste foro, Mayka Braña, (protagonista da serie Pazo de Familia) que dramatizará a lectura dun poema da insigne escritora ferrolá.
Ao final proxectarase o documental 'Visitadora de prisións' da produtora Zenittv que o cede desinteresadamente como colaboración coa homenaxe.
Por outra parte, e debido á vinculación que Marín ten coa homenaxeada a través da rúa á que dá nome, -acordo que no seu día adoptou a actual Corporación Municipal por proposta do Consello Municipal da Muller-, o acto terá unha connotación reivindicativa xa que servirá para pedir que se erixa unha pedra-monólito nalgún parque cunha inscrición dalgunha das frases lapidarias da histórica feminista galega, ao igual que existe noutros moitos municipios de Galicia.
A data na que terán lugar estes actos, que serán presentados por Pili Calviño, ex presidenta do Ateneo Santa Cecilia, terán lugar no Museo Manuel Torres ás 20h do próximo día 29, xoves, do mes en curso.
Área de anexos

No hay comentarios:

Publicar un comentario