15 ene 2015

II Serán Pousos da Area

Acto: II Serán Pousos da Area
Día: 24 de xaneiro
Hora: 21:30 horas
Lugar: Multiusos Mercado de Abastos
Organiza: Pousos da Area
A agrupación cultural e folclórica Pousos da Area organiza por segundo ano consecutivo o seu serán Pousos de Area co que quere recuperar os seráns, reunións de carácter festivo que se celebra desde hai moitos séculos nas aldeas de Pontevedra e Ourense ao caer o día.
No serán que terá lugar o sábado 24 de xaneiro a partir das 21:30h no Multiusos da Praza de Abastos, as e os asistentes alén de poderen gozar bailando coa música de distintos grupos de música tradicional, tamén poderán probar e degustar orellas, chocolate e rosca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario