4 mar. 2015

Conferencia "Juana de Vega: Unha muller dobremente excepcional"

Acto: Conferencia "Juana de Vega: Unha muller dobremente excepcional"
Día: 6 de marzo
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O Club de Opinión PORTOCELO únese á celebración do ‘Día Internacional da Muller’ cun acto conmemorativo do CCX aniversario do nacemento da insigne activista e escritora galega Juana de Vega organizando unha charla-coloquio que terá lugar o venres, 6 de marzo, ás 20.00 h. no Museo Manuel Torres na que participarán a psicóloga e directora do Centro de Información á Muller do Concello de Marín, Marián Sánchez, que se encargará da presentación e Xosé Ramón Veiga, Prof. de Historia Contemporánea da USC, que disertará sobre ‘Juana de Vega, unha muller dobremente excepcional’.
“Juana de Vega naceu  na Coruña o 7 de marzo de 1805. Foi coñecida como a Duquesa da Caridade polo seu altruista labor social que se extendeu ao campo educativo coa fundación e financiación de escolas para meniños pobres e adultos nunha das épocas máis difíciles do século XIX e xunto a Concepción Arenal fundou un patronato de señoras para a visita e ensinanza nos cárceres. Faleceu na Coruña o 22 de xuño de 1872.” Este acto conta coa colaboración da Fundación Juana de Vega da Coruña."

No hay comentarios:

Publicar un comentario