4 mar 2015

Presentación "Falando con versos"

Acto: Presentación "Falando con versos" de Josefa Area
Día: 5 de marzo
Hora: 20
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Consello Municipal da Muller
O Consello Municipal da Muller organiza o xoves 5 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, a presentación do libro "Falando con Versos" da poetisa marinense Josefa Area. No acto que terá lugar a partir das 20h no Museo Manuel Torres, ademais da propia autora, tamén intervirán Ángel García Carragal e Julio Santos Pena e haberá para rematar un recital dos poemas da autora a cargo da mulleres do Abeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario