11 mar 2015

Inauguración da exposición "Voilà La Femme"

Acto: Inauguración da exposición "Voilà La Femme"
Día: 14 de marzo
Hora: 18:30
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia 
“Voilà la Femme” é unha exposición colectiva que cada ano se celebra no Ateneo Santa Cecilia de Marín, para conmemorar o día da mujer traballadora e que nesta ocasión tivo que ser aprazada ata o 14 de marzo, día en que será inaugurada ás 20:00 horas, na sede do Ateneo. Como novidade este ano “Voila la femme” estará dentro da programación da galería Gloria Helmound, extendendo a exposición ao espazo virtual.
A mostra estará organizada como cada ano polo Ateneo Santa Cecilia de Marín e nesta ocasión comisariada por Basilisa Fiestras.
Cumprindo xa a XXII edición, este ano poderemos ver a obra de quince artistas, todas elas preocupadas pola problemática Arte-Muller e concienciadas co papel que a muller pode chegar a desempeñar na sociedade como Muller e como Artista. Cada unha delas nos achega a súa visión particular da Arte, pero podemos entender que todas, dalgunha maneira, dialogan entre si ofrecéndonos unha ampla panorámica das últimas tendencias artísticas ao redor desta problemática concreta.

Quince artistas en total serán as que tezan os diálogos desta mostra, e veranse acompañadas por un ciclo de performances que comezará o día da inauguración a partir das 18:30, cunha performance (Blanco fácil) onde o público pode participar, de LarAna Gustavo un colectivo artístico composto por Lara Buyo e Ana Corujo estudantes do último ano de Belas Artes. Ás 19:00 a profesora Yolanda Herranz Pascual realizará a performance “Somos mujeres y Estamos aquí”. Por último e antes do acto inaugural outra alumna da facultade realizará “Voilà”.

COMISARIA DA EXPOSICIÓN:
BASILISA FIESTRAS CACHAFEIRO
COORDINADORAS:
CELESTE GARRIDO MEIRA
MARÍA CASTELLANOS VICENTE

ARTISTAS PARTICIPANTES no Ateneo Santa Cecilia:
Ester Gandía Martínez, LarAna Gustavo (Lara Buyo y Ana Corujo),
Laura Romero Pereira, Lidia García Sata, Mª Xosé Domínguez Varela,
María Castellanos Vicente, Mª Xosé Fernández Iglesias, Melania Freire V`ázquez,
Mery Pais Domínguez, Paz Vicente, Rosa Neutro.

ARTISTAS PARTICIPANTES na GALERIA GLORIA HELDMOUND:
Alba Fernández Troiteiro, Ester Gandía Martínez,
Julia Ferradás Crespo, LarAna Gustavo (Lara Buyo y Ana Corujo),
Maruxiña Ferradás Crespo, Melania Freire V`ázquez, Mery Pais Domínguez.

Horario:
18:30_Blanco fácil, do colectivo artístico LaRana Gustavo na Alameda de Marín.
19:00_Somos mujeres y Estamos aquí, de Yolanda Herranz Pascual no Ateneo.
19:30_Voilà de Elena Cota no Ateneo.
20:00_Dará comenzo a inauguración.


No hay comentarios:

Publicar un comentario