22 mar 2015

Andaina "Mergullándose no bosque animado"

Acto: Andaina "Mergullándose no bosque animado"
Día: 29 de marzo
Hora: 9:30
Saída: Caseta de turismo de Marín
Organiza: Club Ciclista de Marín
O Club Ciclista de Marín dentro das súas ciclomarchas histórico-artísticas organiza o domingo 29 de marzo unha andaina para coñecer o río Lameira desde a súa desembocadura ata o seu nacemento.
A Dirección Xeral de Tráfico ten sinalados no calendario o que se coñecen como días azuis, días nos que recomenda non saír en bicicleta por seguridades xa que coinciden sempre con festividades nos que se prevé un grande aumento de vehículos polas estradas.
O Club Ciclista de Marín para non perder o ritmo iniciado coas ciclomarchas decide nestes días facer andainas, sendo a primeira deste ano unha subida ata o miradoiro de Cotorredondo seguindo o curso do río Lameira. Durante o percorrido, duns 12 kilómetros, as persoas que participen poderán gozar dun sendeiro máxico que atravesa unhas fermosas fragas para chegar á sempre fantástica Lagoa de Castiñeiras.
A andaina será guiada polo naturista e autor do libro “Árbores senlleiras de Galicia”, Gaspar Bernárdez, e para participar é preciso inscribirse previamente na saída que será desde a caseta de turismo ao carón da escola naval ás 9:30 da mañá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario