21 mar 2015

Club de lectura "Misericordia"

Acto: Club de lectura "Misericordia"
Día: 27 de marzo
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra o venres, 27 de marzo, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "Misericordia" do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a participaren no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
En Misericordia Galdós reflicte a vida das clases máis humildes do Madrid de finais do século XIX. Narra a historia de Benina, muller dunha humanidade admirable que serve nunha casa da burguesía madrileña en decadencia e vese obrigada a mendigar para axudar económicamente aos seus amos. O orgullo e a importancia das apariencias que caracterizan a estes contrastan coa bondade de Benina, condenada a sobrevivir nun medio sen hostil sen perder nin un só instante a súa dignidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario