22 mar 2015

Concerto-baile "Cando eramos novos"

Acto: Concerto-baile "Cando eramos novos"
Día: 29 de marzo
Hora: 19h
Lugar: Multiusos da praza de abastos
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia organiza para este domingo, 29 de marzo, un concerto baile de primaver co nome de "Cando éramos novos" adicado aos pais e avós das e dos nenos da Banda de Música do Ateneo Santa Cecilia, lembrado aquelas melodías que formaron parte da súa xuventude.
O Ateneo convida a todo o público en xeral a que acuda e participe neste concerto-baile de xeito activo, tanto escoitando, bailando ou cantando.
No concerto que comezará ás 19h no Multiusos da Praza de Abastos de Marín tamén participará a Banda Infantil tocando unhas breves pezas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario