23 mar 2015

Campamento Semana Santa

Acto: Campamento Semana Santa
Día: 30-31 de marzo e 1-6 de abril
Hora: 9:30
Lugar: Local Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
O Ateneo Santa Cecilia programa unha actividade para as e os nenos de entre 4 e 10 anos, os días 30 e 31 de marzo, e 1 e 6 de abril, con motivo das vacacións de semana santa.
A actividade consistirá en achegar ás e aos nenos participantes ao mundo da banda deseñada. Todas e todos convertiranse en pequenos expertos na creación dun cómic que farán a través da realización doutras actividades.
Levarase a cabo polas mañás de 9:30 a 13:30 hora e o prezo para as e os socios é de 20€ e para as e os non socios 30€ podendo anotarse as persoas interesadas na oficina do Ateneo Santa Cecilia en horario de 10 a 13 horas pola mañá e de 18 a 20 horas pola tarde de luns a xoves e os venres de 10 a 13h e de 17 a 19h.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario