18 mar 2015

Memorial Serafín Tubío

Acto: Memorial Serafín Tubío
Día: 26 de marzo
Hora: 20:15h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín
O colectivo Xornadas-Reecontro coa Historia de Marín continuando con seu ciclo ‘Marinenses en la Historia’ - iniciado o pasado decembro coa conmemoración do aniversario da morte do insigne marinense avogado marinense Raimundo Vidal Pazos-, está organizando o ‘Memorial do 110º aniversario do falecemento de Serafín Tubio’ consistente nunha charla, a cargo do marinense Manuel Alberto Torres Viqueira, sobre a vida e obra de quen foi capellán e docente da Casa Escuela de las Hijas de la Caridad (hoxe colexio da Inmaculada) fundada en 1891 así como do colexio San Luis Gonzaga. Faleceu o 29 de marzo de 1905.
A cita é o xoves 26 de marzo ás 20.15 horas no Museo Manuel Torres. O destacado labor pastoral e docente exercida por Serafín Tubío en Marín foi recoñecida nun manifiesto que algúns dos seus máis aventaxados discípulos publicaron no semanario independente ‘Marín’ no ano 1915, no que con motivo do décimo aniversario da súa morte, cualifican o recordado sacerdote de "dechado de profesores y modelo de ciudadanos". Entre aqueles asinantes figuran, entre outros: José del Río Paredes, alcalde (1914-1915); Luis Pérez Quevedo, industrial; Agustín Rey Fonseca, alcalde en 1931 e Raimundo Vidal Pazos, avogado e promotor da incautación para a vila da lonxa de Marín. A súa persoa quedou inmortalizada co acordo do concello de pór o seu nome a unha das rúas máis emblemáticas do casco histórico e que na actualidade discorre paralelamente coa Praza de Abastos, continuación á de Augusto Miranda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario