18 abr. 2015

Concurso de maios e embarcacións

Acto: Concurso de maios e embarcacións
Día: 1 de maio
Hora: 12
Lugar: Alameda Rosalía de Castro de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Seguindo coa tradición, o Ateneo Santa Cecilia organiza para este 1 de maio a que xa é a LXII edición do “Concurso de maios e embarcación” dirixido a todos os centros escolares, asociacións e colectivos de Marín e contorna.
A festa dos maios é unha desas manifestacións culturais pertencentes ao denominado “ciclo de maio”, tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio –aínda que algúns autores defenden que este ciclo dura ata o 24 de xuño, festividade de San Xoán- no que se celebran festas e ritos encamiñados a conseguir unha abundante colleita, celebrar o fin do inverno ou festejar a aparición dos primeiros froitos.
Os grupos que desexen participar no concurso terán que facer a súa inscrición antes das 21h do día 28 de abril entregando tamén antes de rematar este prazo a letra das coplas coas que van participar.
O concurso terá lugar o propio 1 de maio, tendo que se presentar as persoas ou colectivos participantes ás 12h na rúa Almuiña, xardíns da alameda e nos espazos que sinale o propio Ateneo. O concurso propiamente dito comezará ás 17h na Praza do Reloxo, trasladándose ao Multiusos da Praza de Abastos se o tempo impedise facelo ao ar libre.
Alén dos premios para cada un dos apartados do concurso- para maios: letra construción, coroa e interpretación; para embarcacións: letra, construción e interpretación – todos os grupos participantes recibiran unha subvención, a tradicional rosca e chocolate sinxelamente polo feito de participaren.
Deixamos aquí as bases do concurso

No hay comentarios:

Publicar un comentario