13 abr. 2015

Club de lectura "Os Biosbardos"

Acto: Club de lectura "Os Biosbardos"
Día: 24 de abril
Hora: 18H
Lugar: Cámara Agraria de Marín
Organiza: Asociación de Mulleres o Abeiro
A Asociación de Mulleres O Abeiro celebra o venres, 24 de abril, ás 18h unha nova xuntanza do club de lectura na cámara agraria. O libro a comentar este mes é "Os biosbardos" de Eduardo Blanco Amor do que hai unha referencia un pouco máis abaixo. A Asociación de Mulleres o Abeiro convida a todas aquelas persoas amantes da literatura a participaren no club de lectura e lembra que a asociación dispón dunha pequena biblioteca a disposición das súas socias.
Os biosbardos é un conxunto de contos para a xente, postos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega. Son, se callar, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo recoñeciao así.

No hay comentarios:

Publicar un comentario