12 abr 2015

Ofrenda floral polo Día da República

Acto: Ofrenda floral polo Día da República
Día: 14 de abril
Hora: 20h
Lugar: Pedra da Liberdade (ao carón do concello)

Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín

Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, dentro dos seus actos do mes de abril para conmemorar o 84 aniversario da proclamación da II República organiza a xa tradicional ofrenda floral o propio Día da República, o martes 14 de abril, ás 20h na Pedra da Liberdade (situada nos xardíns ao carón do edificio do concello).
Neste acto, no que se dará lectura a un texto conmemorativo, actuarán a banda de música "Amigos da República" e a banda de gaitas "Picuiña".

No hay comentarios:

Publicar un comentario