28 sept 2015

Asemblea aberta da A.C. Almuinha

Acto: Asemblea aberta
Día: 3 de outubro
Hora: 16:30h
Lugar: Casa de Cultura de Seixo
Organiza: Almuinha
A A.C. Almuinha organiza unha Asemblea Aberta o vindeiro Sábado 3 de outubro ás 16:30h na Casa da Cultura de Seixo. 
O obxectivo desta asemblea é servir de punto de partida tras uns meses de inactividade da asociación. Así,Almuinha convoca unha Asemblea Aberta para que todas as persoas con inquedanzas e con ganas de traballar no ámbito sociocultural de Marín poidan achegarse, coñecer a asociación e participar nesta asemblea.
A A.C. Almuinha é unha asociación socio-cultural independente sen ánimo de lucro, nacida en Febreiro de 2008 coa vontade de ser un instrumento plural e aberto para a defensa e promoción da lingua e da cultura galegas, obxectivo principal da asociación.
Almuinha son un grupo de persoas comprometidos/as coa realidade en que vivimos, polo que entre os seus principios figuran a defensa dos intereses da nosa vila, a xustiza social, a igualdade de todas persoas, a defensa e protección do ambiente, a soberanía dos pobos e a solidariedade internacional, enmarcando toda a súa actuación desde unha perspectiva de compromiso co País e da firme defensa dos dereitos da nosa Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario