14 oct 2015

Actuación Arantxa Pérez

Acto: Actuación Arantxa Pérez
Día: 23 de outubro
Hora: 21h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia

Organiza: Ateneo Santa Cecilia

Os ‘Venres do Ateneo’ achegarán esta semana a actuación da cantante Arantxa Pérez. O recital comezará ás 21:00 horas no local do Ateneo Santa Cecilia de Marín.
Afeccionada á música dende a nenez, Arantxa Pérez comezou a dedicarse profesionalmente ao mundo da canción arredor dos 20 anos, cando comezou a formar parte do Grupo Triunfo, ao que lle seguiron outras formacións musicais como Limón, Metrópolis ou Passarela.
Ao tempo que seguía completando a súa formación académica, participaba en certames musicais para gañar experiencia e visibilizar o seu talento. Actualmente traballa na súa faceta como solista e intérprete de guitarra. 
Os ‘Venres do Ateneo’ continuarán este mes co espectáculo do mago Carlos Tomico. O público accede ás sesións achegando un donativo de 3 euros no caso dos socios e socias do Ateneo Santa Cecilia; 4 euros os non socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario