Acto: Homenaxe a Lino Martínez Villafinez
Día: 24 e 30 de outubro
Día: 24 e 30 de outubro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Club de Opinión Portocelo
O
Club de Opinión Portocelo rende homenaxe ao artista pictórico marinense Lino Martínez
Villafinez no 45 aniversario do seu falecemento coa inauguración dunha
exposición -reprodución gráfica- dalgunhas das súas mellores obras que terá lugar
o próximo sábado día 24 ás 13.00h no Museo Manuel Torres e unha conferencia
sobre a súa vida e obra asimesmo no museo ás 20.00h do venres 30 na que intervirán
Angeles Tilve e Beatriz de San Idelfonso, conservadoras ambas do Museo de Pontevedra.
Ambas actividades contan coa colaboración do Museo de Pontevedra e o Concello
de Marín.
Villafinez
naceu en Marín en 1892 e faleceu en Santiago en 1970. Era fillo de Bertolino
Martínez, carabineiro destinado en Marín e de Dolores Villafinez. Desde moi
neno se iniciou na pintura usando como lenzos as sabas que a súa nai tendía ao
‘clareo’. O ceo, mar e os barcos son os temas que lle ofrecía o
seu Marín natal e nos que se inspiraba nos seus comezos artísticos. Tiveron que
ser persoas de fóra do seu lugar de nacemento quen valoraran a súa arte. Con 22
anos foi parar a Santiago de Compostela da man do doutor Blanco Rivero, que
veraneaba na finca de Praceres, e alí se quedou para sempre onde faleceu.
A
súa obra está repartida dentro e fóra de Galicia e pola súa arte está
considerado un dos mellores artistas de galegos sobre todo polos ‘seus Pórticos
da Gloria’ que lle fixeron merecedor dun tributo de agradecemento do concello
compostelano que lle adicou unha rúa como homenaxe, mentres que aquí en Marín,
ao entender do Club de Opinión ortocelo,
está un pouco esquecido. Por ese motivo desde o club quéreselle render un especial
recoñecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario