13 oct 2015

“Castelao: promotor da arte nova de Torres e Laxeiro”

Acto: Conferencia “Castelao: promotor da arte nova de Torres e Laxeiro”
Día: 23 de outubro
Hora: 20h
Lugar: Museo Manuel Torres
Organiza: Foro Galicia Milenio
O Foro Galicia Milenio organiza o venres 23 de outubro unha conferencia ao redor da relación de Castelao e os pintores Torres e Laxeiro que impartirá o profesor Santiago Losada Carregal co título “Castelao: promotor do arte novo de Torres e Laxeiro”.
Santiago Losada, natural de Marín e licenciado en Teoloxía pola Universidade de Salamanca e profesor de historia da filosofía, fará unha semblanza de ambos artistas, Torres e Laxeiro, comentando algúns dos temas da súa pintura – a paisaxe, os nenos, a muller, o traballo dos mariñeiros, canteiros, as festas e romarías…-en relación con poemas de autores galegos.
O acto que terá lugar no Museo Manuel Torres a partir das 20h completarase cunha intervención musical a cargo do coro marinense Thalasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario