11 oct 2015

Charla "Celiaquía, intolerancias e alerxias alimentarias"

Acto: Charla "Celiaquía, intolerancias e alerxias alimentarias"
Día:  23 de outubro
Hora: 19 horas
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Acega (Asociación de Celiacos de Galicia)
O venres 23 de outubro a biblioteca de Marín acollerá a partir das 19h unha charla sobre a celiaquía, as intolerancias e alerxias alimentarias.
A enfermidade celíaca é unha enfermidade moi común que chega a afectar o 1% da poboación e consiste nunha intorelancia permanente ao glute.
O seu diagnóstico ás veces é moi complicado pois hai persoas que malia a padeceren son asintomáticas, con todo, algúns dos sintomas máis comúns son: perdida de apetito, diarrea crónica, perda de peso, retraso no crecemento, distensión intestinal, vómitos, anemia ferropénica, alteracións no carácter, pobreza en masa muscular, etc.
http://www.celiacosgalicia.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario