16 oct 2015

Magosto da Asociación Queremos Galego Marín

Acto: Magosto
Día:  24 de outubro
Hora: 16:30 horas
Lugar: Praza do Reloxo (no caso de chuva multiusos)
Organiza: Asociación Queremos Galego Marín
A Asociación Queremos Galego Marín celebrará o seu 3º magosto o sábado 24 de outubroa partir das 16:30h na praza do Reloxo de Marín, ao carón da igrexa vella de Marín. No caso de chover, o magosto trasladarase ao Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
No marco da cultura popular, o magosto, e en xeral as festas anuais, teñen un lugar fundamental pois constitúen algunhas das manifestacións máis xenuínas da nosa cultura. Arredor do magosto existen múltiples tradicións e crenzas populares que a globalización uniformizadora está a facer que se perdan.
Moitos concellos e lugares da contorna de Marín, organizados por asociacións ou polos propios concellos, están a celebrar os seus magostos e a nosa asociación non quería perder a oportunidade de gozarmos con todas e todos os nosos amigos de gozar desta festa nas que as castañas son a principal protagonista.
Durante o magosto, as persoas que se achegaren, ademais de gozar das castañas asadas, poderán tamén divertirse cos xogos populares que nos traerán as xentes da Asociación O Gharaboto. Tamén e para animar a festa haberá música da man do grupo de música tradicional Os de Marín. Desde a asociación queremos animar tamén, a quen quixer, a traer un instrumento e participar da festa tocando algunha peza

No hay comentarios:

Publicar un comentario