19 nov 2015

Inauguración exposición "A-MAR"

Acto: Exposición "A-MAR"
Día:  20 de novembro
Hora: 19h
Lugar: Ateneo Santa Cecilia
Organiza: Ateneo Santa Cecilia
Este venres, 20 de novembro, ás 19:00 horas inaugúrase no Ateneo Santa Cecilia unha exposición de Xesús Franco titulada “A-MAR”, que consta dunhas 40 pezas, entre cadros e instalacións artísticas realizadas a partir de refugallos que o mar deposita en terra. De temática enteiramente mariñeira, esta mostra comisariada polo artista marinense Antón Sobral ten tamén un cariz poético polas breves definicións literarias que acompañan cada peza. 
Embarcacións, antigas naves, ondas do mar embravecido ou siluetas da paisaxe  contra o horizonte son algúns motivos dos acrílicos representados nos lenzos, con estilos que van dende o realismo ás vangardas xeométricas. A cor está tamén presente nos fragmentos de madeira que recupera da auga e que, unha vez secos, son pintados e reinterpretados a partir da súa forma e volume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario