19 nov 2015

Proxección "A profesora de historia"

Acto: Proxección "A profesora de historia"
Día:  19 de novembro
Hora: 21h
Lugar: Biblioteca de Marín
Organiza: Ateneo Santa Cecilia

O Ateneo Santa Cecilia de Marín continua este xoves 19 co seu ciclo de cine ao redor da educación co filme "A profesora de historia".
"A profesora de Historia”,é un filme francés nominado en 2014 aos Premios César na categoría de mellor actor revelación e gañador do Premio do Público Xoven na Seminci de Valladolid.
Con guión e dirección de Marie-Castille Mention-Schaar, está protagonizada por Ariane Ascaride, que interpreta o papel dunha profesroa de historia nun instituto onde imparte clase a un grupo difícil de alumnos. Preocupada polos problemas dos rapaces, proponse motivalos animándoos a participar nun concurso sobre o que supón ser adolescente nun campo de concentración nazi. É así como os estudantes comezan a gañar confianza e seguridade neles mesmos, mudando a súa actitude e a súa visión da vida.
A proxección como todas as do cineclub do Ateneo terá lugar no salón de actos da biblioteca de Marín a partir das 21h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario